Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro reacciona a tempo e remonta en Torrelavega

O Arenteiro reacciona a tempo e remonta en Torrelavega

Chegou ao descanso perdendo pero na segunda parte deulle a volta ao resultado cos goles de Álex Fernández e Escobar

G24.gal 18/09/2022 20:35

O Arenteiro conseguiu o primeiro triunfo da temporada no campo da Ximnástica Torrelavega. Vitoria que ten máis mérito por teren que remontar o tanto inicial do equipo cántabro. 

Basurto marcou no 28 para un equipo local que se facía forte no seu campo. Unha acción na área da Ximnástica foi asubiada como penalti e o capitán Álex Fernández non desaproveitou a oportunidade e empatou o encontro. Era o minuto 58. Un cuarto de hora máis tarde chegou o gol de Antón Escobar. O dianteiro estreouse en partido oficial coa camisola do Arenteiro cun gol que vale o seu peso en ouro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar