Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro marcha sen puntos de Lezama (1-0)

O Arenteiro marcha sen puntos de Lezama (1-0)

Un gol de Ibon Sánchez no 89' desfixo o empate a ceros en Lezama

Atópanse a 4 puntos dos postos de playoff

Foto: @CD_Arenteiro
G24.gal 09/02/2025 16:17 Última actualización 09/02/2025 17:51

O C. D. Arenteiro perdeu 1-0 fronte ao Athletic Club de Bilbao B en Lezama. Foi Ibon Sánchez o que conseguiu os tres puntos para o conxunto vasco. O Bilbao Athletic atópase na metade da táboa con 31 puntos, mentres que o Arenteiro está a tan só 4 puntos da fase de ascenso.

A canteira vasca chegaba ao encontro de Lezama cunha serie de tres vitorias seguidas e buscando afastarse dos postos vermellos da clasificación, mentres que o Arenteiro viña de perder fronte á S. D. Amorebieta por 3-0 e co playoff no punto de mira.

A primeira parte do encontro contou con moitos achegamentos ás áreas de ambos equipos, mostrando algo máis de perigo o conxunto do Carballiño, especialmente ao contraataque e en xogadas rápidas, cunha grande achega ofensiva de David Ferreiro.

Ao comezo da segunda metade foi o Athletic B o que impuxo o ritmo do encontro e mantivo a posesión do balón. No 67' Raul Jardiel tentaba mudar o rumbo do encontro cambiando ao dianteiro Marcos Baselga por Jaume Cuellar, que debuta co C. D. Arenteiro recentemente chegado do C. D. Lugo. No minuto 75 Enol tivo unha das ocasións máis claras do partido para o Arenteiro tras unha xogada á contra.

No 89' unha testada de Ibon Sánchez deixaba sen vida ao Arenteiro, que volve á casa sen puntuar na xornada 23 da 1º RFEF e a 4 puntos da fase de ascenso á Segunda División. O seu seguinte partido terá lugar no Espiñedo fronte á S. D. Tarazona o sábado 15. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade