O Arenteiro imponse ao Tarazona na casa (2-1)
O equipo do Carballiño obtén os 3 puntos nun partido marcado pola locura final
Marcos Baselga e Jaume Cuéllar anotaron para os locais e Adrián Fuentes para os visitantes
Arenteiro e Tarazona enfrontáronse nun partido clave da Primeira RFEF. Na primeira metade ningún dos dous equipos foi quen de xerar ocasións. A máis clara chegaríaa cara o final do primeiro tempo da man do Tarazona, foi un remate a queimarroupa moi ben repelido por Diego García gardameta do Arenteiro.
Arrincaba a segunda metade no Espiñedo con algo máis de acción. No minuto 54 chegaría o gol de Marcos Baselga que poñía por diante ao Arenteiro tras un saque de curruncho. Tras isto, o partido mantería o ritmo da primeira parte con poucas oportunidades para ambos equipos. A loucura desataríase a partir do minuto 90 co gol de Jaume Cuéllar que poñía ao Arenterio 2-0 no marcador. Practicamente despois anotaba Adrián Fuentes para o Tarazona no 90+3 poñendo así o 2-1 definitivo. O Tarazona tivo outra ocasión máis para o empate antes de rematar o partido, pero non foi quen de converter e os de Carballiño conseguiron levar os 3 puntos como locais.