Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Anxo Carro volve celebrar o triunfo dun Lugo que encadea a segunda vitoria

O Anxo Carro volve celebrar o triunfo dun Lugo que encadea a segunda vitoria

Nacho Quintana e Ledesma anotaron os goles ante a S. D. Logroñés (2-1)

G24.gal 15/10/2023 20:13

O Lugo encadeou contra a Sociedade Deportiva Logroñés a segunda vitoria na temporada e comeza a ir cara a arriba na clasificación (2-1). 

Os goles marcáronos Nacho Quintana e Willy Ledesma no último cuarto de hora da primeira metade. Os de Munitis saíron a levar a iniciativa, tardaron en xerar ocasións pero nese treito gozaron de boas ocasións, das que culminaron dúas. Jozabed completou o mellor partido coa camisola lucense e en defensa o equipo non padeceu. 

Na segunda parte os rioxanos botáronse arriba e avisaron cunha ocasión moi clara. No minuto 62 Jordi Escobar recortou diferenzas e meteu o medo no corpo. O Logroñés ía á procura do empate pero foi o Lugo o que tivo as mellores ocasións xogando ao contragolpe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade