O amianto dificulta a extinción e a investigación do incendio na antiga Pontesa
Iniciáronse os trámites para abrir un expediente sancionador, xa que non había nin licenza de actividade nin de titularidade

A situación de emerxencia polo incendio nas antigas naves de Pontesa xa pasou, pero os servizos de emerxencias continúan pendentes por se aparecen novos conatos de incendio.
A presenza de amianto en suspensión está a complicar as tarefas tanto dos investigadores como dos propios bombeiros, que segundo o Concello de Pontevedra este martes non puideron acceder ao interior da nave polo perigo que supón para a súa saúde.
A Policía xa empregou drons durante esta xornada para captar imaxes aéreas e o Concello iniciou os trámites para abrir un expediente sancionador, xa que non había nin licenza de actividade nin de titularidade.
Das tres persoas feridas, quen máis preocupa é o edil de Marín, que permanece estable na unidade de queimados do CHUAC da Coruña en estado moi grave.