O Alcorcón e o Deportivo, únicos equipos que dependen de si para o ascenso directo
O Racing, que ten pendentes 80 minutos de partido suspendido en Córdoba, necesita polo menos un tropezo do Alcorcón
O Celta B ten boletos para asegurar a posición na promoción
Ata o último minuto promete emoción a Primeira Federación. O líder Alcorcón e o segundo, o Deportivo, son os únicos equipos que dependen de si para o ascenso directo. Tres puntos os separan. Os amarelos, impuxéronse na primeira volta por 3-1. Viaxan a Riazor nunha xornada 35 que pode ser decisiva. Amáis deste partido, os brancoazuis teñen un duro calendario por diante que inclúe outros dous enfrontamentos directos: visitan Ferrol dentro de tres xornadas e Córdoba dúas despois. Antes, os de Cano han corrixir o rumbo fóra da casa. Esta semana réndenlle visita ao Unionistas. Cano xa lanzou un agoiro.
"Se somos capaces de facelo ben en Salamanca, o equipo vai entrar como un foguete nas últimas oito xornadas"
O Racing, que ten pendentes 80 minutos de partido suspendido en Córdoba, necesita polo menos un tropezo do Alcorcón para optar ao ascenso directo. Amáis, agardono outros dous partidos contra aspirantes: as visitas á Malata do Deportivo e do Celta B, esta na última xornada. Cristóbal, sempre cauto, non bota contas de momento.
"Hai que centrarse no partido máis inmediato, sempre"
A oito puntos do liderado, o Celta B asiste desde a distancia a esa loita polo ascenso directo, pero ten boletos para asegurar a posición na promoción. No seu camiño hanse cruzar dous competidores directos: o Real Madrid Castela e o Rácing, ambos a domicilio.