Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acordo con Mercosur divide a política galega

O acordo con Mercosur divide a política galega

A Xunta esixe que calquera produto de terceiros países cumpra coas mesmas esixencias que os da Unión Europea

Os nacionalistas consideran que o acordo é lesivo e piden que se paralice

O PSdeG esixe controis, pero acepta o acordo

G24.gal 12/01/2026 14:14

O presidente da Xunta di que entende a inquedanza do sector agrario. Alfonso Rueda insiste en que o acordo con Mercosur debe esixir que os produtos doutros países cumpran os mesmos requisitos que os de aquí.

A conselleira do Medio Rural amosou o seu apoio co sector agrogandeiro e dixo que van reclamar cláusulas de salvagarda que garantan as mesmas esixencias para todos

Desde o BNG apoian as reivindicacións do sector primario galego e piden ao Goberno de España que non asine o acordo. 

Pola contra, os socialistas galegos avalían positivamente o acordo que está previsto que se asine  o próximo sábado.

O Partido Popular introduce un aspecto novo, a PAC que está en proceso de negociación e que, din, non é válida nas actuais condicións. 

Os populares posiciónanse ao lado dos agricultores e gandeiros e comprométense a defender as súas reivindicacións.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade