Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pradas sentiuse "persuadida" desde Presidencia para non confinar a poboación na dina

Pradas sentiuse "persuadida" desde Presidencia para non confinar a poboación na dina

Pradas mantivo este luns un acareo no xulgado fronte a José Manuel Cuenca, ex-xefe de gabinete de Carlos Mazón, para tratar de aclarar os seus testemuños sobre a xestión da emerxencia

Na súa declaración, Pradas explicou que falou co secretario autonómico de Presidencia, Cayetano García, ás 19:43 horas, dado que non puido contactar con Mazón ás 19:36 horas

Rober Solsona/Europa Press Rober Solsona/Europa Press
G24.gal 12/01/2026 13:28

A exconselleira valenciana de Xustiza e Interior Salomé Pradas asegurou ante a xuíza que instrúe a causa penal pola xestión da dina que se sentiu "persuadida" desde Presidencia da Generalitat para evitar o confinamento da poboación aquela xornada.

Pradas mantivo este luns un acareo no xulgado fronte a José Manuel Cuenca, ex-xefe de gabinete de Carlos Mazón, para tratar de aclarar os seus testemuños sobre a xestión da emerxencia. A principal controversia son as mensaxes que Cuenca enviou a Pradas sobre a inconveniencia de ordenar un confinamento da poboación, e a orixe da posición que Cuenca sostivo respecto a este asunto e que plasmou nuns whastasapps en que dicía: "De confinar, nada".

Na súa declaración, Pradas explicou que falou co secretario autonómico de Presidencia, Cayetano García, ás 19:43 horas, dado que non puido contactar con Mazón ás 19:36 horas.

O president non atendía o teléfono

Explicou que nese momento estaba a valorarse o confinar a poboación e creu que debía coñecelo o president, pero este non atendía as súas chamadas. O que comentou con Cayetano García foi elevar a consulta á Avogacía da Generalitat.

A exconselleira indicou que cre que Cuenca puido falar co entón president ou co secretario autonómico da Presidencia, Cayetano García, antes de dicirlle -nunha mensaxe- que "de confinar, nada", a tarde do 29 de outubro de 2024.

Cuenca tamén escribiu a Pradas: "Salomé, para confinar fai falta un estado de alarma, e iso decrétao a moza que tes á beira", en alusión á delegada do Goberno, Pilar Bernabé, que se atopaba conectada ao Cecopi pero de forma telemática, e rematou pedindo "calma" de novo á entón conselleira.

Opinión persoal ou instrucións dun superior?

Esta posición "só era unha preocupación persoal pola cobertura legal para o confinamento", asegurou Cuenca este luns. "Son xornalista, non son xurista", insistiu. Con todo, a exconselleira mostrouse convencida de que cando Cuenca lle dixo que "de confinar, nada", é por que este falara antes co secretario autonómico de Presidencia, Cayetano García, ou directamente co president, Carlos Mazón.

"Sentía -asegurou- que me persuadían desde Presidencia", sinalou Pradas. En calquera caso, Pradas quixo resaltar que esas dúbidas sobre o confinamento "non parou nada" nin nada se "retardou" por conversacións "de terceiras persoas que non estaban na xestión da emerxencia nese momento".

Pola súa banda, Cuenca insistiu en que "nunca" lle deu "ningunha instrución a Pradas" e que como xefe de gabinete "nunca" recibiu unha orde do presidente: "Non era intermediario de instrucións".

Segundo explicaron fontes presentes no acareo, a xuíza reprochou a Cuenca que non achegase o seu teléfono móbil para corroborar a súa versión, e este sinalou que restableceu o terminal para devolvelo tal e como llo entregaron.

As fontes sinalan tamén que nese punto Cuenca deu autorización para que se examine o seu teléfono (o que entregou restablecido). En contraposición, Pradas explicou que quedou co móbil e deu orde expresa de que non fose restablecido.

Tanto á entrada como á saída do xulgado, no que permaneceron unhas dúas horas, tanto Pradas como Cuenca foron apupados por un grupo de membros de asociacións de vítimas e damnificados pola dina, a quen a exconselleira se achegou para tratar de falar con eles cando abandonaba o xulgado. Tanto Cuenca como Pradas tiveron que saír escoltados pola Garda Civil ante as increpacións dos manifestantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade