O etarra Bienzobas poderá saír a traballar fora da cadea a partir da semana que vén
Bienzobas poderá saír para desempeñar un traballo entre as 8 da mañá e as 9 da noite en virtude do artigo 100.2 do Regulamento Penitenciario aprobado en 1996
O seu réxeme de semiliberdade xa foi aprobado polo cárcere alavés de Zaballa e agora está pendente da aprobacion do Goberno vasco
Jon Bienzoba acumula 266 anos de cadea, leva cumpridos 27
O exmembro de ETA, Jon Bienzobas, coñecido como 'Karaka', consegue a semiliberdade. A partir da próxima semana gozará de saídas diarias do cárcere de Basauri, en virtude do artigo 100.2 do Regulamento Penitenciario aprobado en 1996.
Este artigo do regulamento vaille permitir abandonar a cadea de Basauri desde as 8 da mañá ata as 9 da noite, dentro de un plan personalizado para traballar fora da prisión que xa foi aprobado, o 19 de xaneiro pasado, pola xunta de tratamento da prisión de Zaballa na que está cumprindo a pena de prisión. Na actualidade Bienzobas xa estaba realizando traballos remunerados dentro do cárcere de Zaballa, onde cumpre o seu segundo grao penitenciario nun dos módulos de respeto da prisión alavesa.
Dase a casualidade de que a concesión desta semiliberdade produciuse só cinco días despois de cumprirse o 30 aniversario do asasinato de Francisco Tomás y Valiente, catedratico de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid, 14 de febreiro de 1996. Foi precisamente "Karaka" quen lle descargou tres tiros.
Jon Bienzobas acumula 266 anos de cadea e ata a data de hoxe leva cumpridos 27 anos en cárceres de Francia e España.
Para que Bienzobas pase ao réxeme de semiliberdade o Goberno vasco ten que ratificar o dictame da prisión e Zaballa e facilitar o seu traslado a prisión de Basauri en Biscaia.
Nesta condición de semiliberdade xa está outro histórico etarra, Garikoitz Aspiazu, coñecido como Txeroki.