Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 84 % dos 12.000 nenos convocados onte polo Sergas recibiu a primeira dose da vacina

O 84 % dos 12.000 nenos convocados onte polo Sergas recibiu a primeira dose da vacina

Sanidade retomou onte a vacinación de menores de 5 a 11 anos 

A vacinación continúa hoxe e mañá, coa convocatoria de 12.000 menores cada día

G24.gal 12/01/2022 12:13

O Sergas retomou este martes a vacinación dos menores de 5 a 11 anos nos centros de vacinación masiva de Galicia. Reciben un terzo da dose administrada aos adultos e adolescentes. Onte martes estaban convocados 12.040 menores e acudiron 10.133, segundo informou a Consellería de Sanidade, é dicir, un 84,16 % dos nenos citados.

Sanidade informou de que continuarán as repescas para os que non recibiron a primeira dose porque amais agora hai moitos nenos coa infección activa e teñen que esperar catro semanas tras ter o virus para seren vacinados.

Ao mesmo tempo, en Galicia prosegue o calendario de vacinación contra a covid-19. En concreto onte administráronse en total 25.374 doses, das que máis de 1.681 foron para completar pautas, polo que ascenden a 2.366.755 as persoas inmunizadas, o 87,65 por cento do conxunto da poboación galega.

Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, hai 17.520 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.314 dependentes non institucionalizados e 27.604 institucionalizados. 2.186.573 de galegos remataron o proceso chamados por idade.

Por probabilidade de exposición, 74.160 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.455 do sociosanitario e 16.444 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, ata hoxe administráronse 6.044.263 doses contra a covid-19 en Galicia. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade