Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 4 de maio é o Día de Star Wars

O 4 de maio é o Día de Star Wars

O mundo segue fascinado coa saga 50 anos despois da estrea da primeira película

A última película do universo Star Wars chega aos cines o 21 de maio

Darth Vader é unha das personaxes da Guerra das Galaxias
G24.gal 04/05/2026 15:05

 "Eu son teu pai".

"Eu son teu pai", recordan varios cinéfilos.

Esta é unha das frases icónicas de Star Wars. Pero non a única.

"Que a forza te acompañe", apunta outro.

E por unha coincidencia fonética con esta frase en inglés "May the force be with you" quedou establecido que todo o mundo celebre no 4 de maio o Día de Star Wars, un universo creado por George Lucas convertido en fenómeno de cultura popular.

 "Teño un libro grande con debuxos, os debuxos orixinais que utilizou George Lucas para facer a película, os bocexos dos personaxes e as naves e tal, que é fantástico", relata un seguidor da saga

E nesa galaxia ficticia cada quen ten o seu favorito.

 "A miña personaxe favorita é Yoda".

"A princesa Leia".

"Luke Skywalker".

"Dart Vader".

"Han Solo porque creo que é o máis carismático., o máis divertido, o máis molón, é o que se liga a rapaza guapa".

A primeira película da saga estreouse no ano 1977 e marcou a vida de toda unha xeración.

"Eu tería 14 anos cando se estrenou a primeira".

"Eu sendo moi pequeno vía as espadas láser, a galaxia, nave polar, fascinoume dende un primcipio e quedei impregnado da saga para o resto da miña vida".

Despois de 3 triloxías e 2 spin off, Star Wars regresa aos cines este 21 de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade