O 2 de xaneiro abre o prazo para solicitar axudas para o alugueiro de vivendas
As subvencións pagarán o cincuenta por cento do custo das vivendas alugadas
O novo programa de axudas ao alugueiro de vivendas comezará o próximo dous de xaneiro e rematará o cinco de maio, segundo sinalou no programa Bos Días o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Heriberto García subliñou que as subvencións pagarán o cincuenta por cento das vivendas alugadas, que deberán ter prezos entre os 400 e os 600 euros, dependendo do lugar onde estean situadas.
Os beneficiarios poderán ter estas axudas durante os próximos cinco anos
A Administración galega destinará case catorce millóns de euros para estas axudas, das que poderán beneficiarse durante un máximo de cinco anos as persoas que cumpran os requisitos.
Amais doutros programas de axudas á vivenda para mozos e persoas especialmente vulnerables, o Instituto Galego de Vivenda e Solo promove a construción de 1.500 vivendas destinadas ao alugueiro.
As solicitudes de axudas ao alugueiro poderán solicitarse electronicamente
As axudas ao alugueiro xa están publicadas no Diario Oficial, e poderán solicitarse de xeito electrónico ou presencial.