O 061 recibiu o Selo da Fundación Europea para a Xestión da Calidade
Este é o premio co que se recoñece "a súa xestión innovadora e sostible"
Actualmente, en España só hai 13 institucións sanitarias con esta distinción, moitos son hospitais de grande prestixio
O recoñecemento acadado impulsa o 061 "a seguir mellorando e a establecerse como un referente no sector"
O Selo outorgado pola Fundación Europea para a Xestión da Calidade é un recoñecemento á "xestión excelente, innovadora e sostible" da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia, o 061.
"É un selo de gran prestixio, custa moito acadar este nivel, de feito só hai trece organizacións sanitarias que o teñen, e que son hospitais de gran prestixio", di Teresa Cartelle Pérez, xefa do Servizo de Calidade e Relación co usuario de Urxencias Sanitarias de Galicia 061
Segundo os responsables do 061, este recoñecemento avala o seu "bo facer" na atención á urxencia e á emerxencia, a posición de liderado e como referente no sector sanitario.
"Sempre estamos mellorando a nosa actividade, nós analizamos os nosos resultados de xeito continuo, ás veces non son os esperados, isto representa innovacións, de tipo tecnolóxico ou nos nosos procesos", destaca.
Na central de coordinación é onde se reciben a información das emerxencias e desde onde as xestionan, aquí as fins de semana reciben un gran número de chamadas.
"Porque non funcionan os centros de saúde na fin de semana, o sábado é un día de moitas chamadas", engade.
O recoñecemento acadado impulsa o 061 a seguir mellorando e a establecerse como un referente no sector.
