Cargando resultados...
Nun par de días podería estar normalizada a recollida de lixo na Coruña
Desde a emerxencia sanitaria, os operarios recollen unha media de 350 toneladas de residuos ao día
G24.gal
03/03/2022 14:49
Día clave a priori para a resolución do conflito do lixo na Coruña. Hoxe está prevista unha nova reunión entre a empresa concesionaria e os representantes dos traballadores. Mentres, os desperdicios acumulados nalgunhas zonas da cidade seguen a deixar unha imaxe lamentable.
Unha imaxe que contrasta, por exemplo, coa que deixa a céntrica rúa de Juana de Vega onde xa se aprecia o traballo dos reforzos contratados polo Concello desde que este luns declarou a emerxencia sanitaria.
Desde o Concello calculan que nun par de días a situación estea normalizada.