Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian agresións por parte dun veciño e o seu can nun barrio de Monforte

Denuncian agresións por parte dun veciño e o seu can nun barrio de Monforte

G24.gal 08/06/2023 14:52

Máis dunha trintena de denuncias nos últimos tres meses. É a mostra da difícil convivencia dos residentes dun barrio de Monforte cun dos seus veciños. Vive de ocupa nunha casa e din que tanto el como o seu can, de gran tamaño, protagonizaron varios incidentes violentos contra os veciños.

Un vídeo que gravou Jesús Filgueiras, que hoxe amosaba as feridas sufridas polo can no último ataque, amósase como proba desas agresións. 

"Esta é unha trabada toda e isto que me apertou a man. O problema é del e do can. É moi agresivo, é drogodependente. O can non é raza perigosa, pero é moi agresivo, atacou a moita xente, a moitos cans, a min dúas veces. Ten 32 denuncias no concello máis as miñas polo concello e pola policía e non hai maneira de quitarlle o can nin de sacalo de aí", di Jesús.

32 denuncias nos tres últimos meses, que foi cando ocupou unha das casas do barrio. Os problemas cos veciños comezaron cando lle chamaron a atención por levar o can solto. 

"Onte soltou o can, o can viume, veu correndo ata aquí e case me morde porque quitei o pau do coche, quiteino, escapou e el atou o can e veu por min e tentou cravarme unha xiringa".

Moitos veciños son reticentes a falar diante das cámaras, pero recoñecen que o problema existe. Tanto é así que os nenos contan, non van ao parque do barrio e non son poucos os que levan un pau ou prefiren dar un rodeo para non pasar por diante da casa deste veciño.

Queren que se atendan as súas demandas e que se tomen medidas antes de que alguén máis, din, quede ferido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade