Publicador de contidos

Publicador de contidos

Numerosos galegos van comprar os test de antíxenos a Portugal

Numerosos galegos van comprar os test de antíxenos a Portugal

A exención do IVE facilita que estean máis baratos no país veciño

Actualmente, cada test roza os 3 euros, pero chegaron a baixar de 2

G24.gal 12/01/2022 14:04

A proliferación de contaxios, sumada á nova estratexia do Sergas de autodiagnóstico nos casos que non presenten síntomas graves, multiplicou a demanda das probas de antíxenos. No norte de Portugal hai farmacias onde o seu prezo é moito máis barato, polo que cada vez son máis os que cruzan a raia desde Galicia para facer provisión.

"No día a día, case todos os días notámolo. Será que estamos moi preto de España e aproveitan. Veñen de compras e á procura dos tests", confirma Abilio Ferrera, farmacéutico de Chaves.

A exención do IVE é, segundo os farmacéuticos que consultamos, a razón principal para que en Portugal sexan máis baratos. O único que teñen hoxe dispoñible custa 3 euros e xa estiveron máis baratos, pero a elevada demanda fixo subir os prezos.

"Canto menos oferta hai, máis caro se torna. Agora está a 3 euros, pero xa os tivemos a 1,80", explica Pedro Luis Gonçalves, farmacéutico de Chaves.

Cando máis notaron esa afluencia masiva de galegos na procura de tests foi durante o Nadal. En plenas festas, disparáronse os autodiagnósticos e os tests chegaron a escasear nas farmacias galegas. 

Máscaras

O que si baixou é a demanda de máscaras, que tamén foran obxecto de turismo comercial a Portugal nos primeiros tempos da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade