Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nubes, chuvias intermitentes e aviso laranxa por marexada este domingo en Galicia

Nubes, chuvias intermitentes e aviso laranxa por marexada este domingo en Galicia

Unha borrasca ao oeste de Irlanda obrigou a activar unha alerta laranxa que se deixará notar especialmente no litoral, con ondas que poderían chegar aos sete metros cara á noite

Praia de Sabón (Arteixo) este domingo Praia de Sabón (Arteixo) este domingo
G24.gal 06/11/2022 12:38

Este domingo predominan os ceos anubrados en Galicia, con chuvieiras intermitentes que diminúen conforme avanza a xornada. A xornada vén marcada polo aviso laranxa en toda a costa galega, con ondas que pola tarde e cara á noite poden alcanzar os sete metros.

Na praia de Sabón, no concello coruñés de Arteixo, xa se intuía como vai empeorar o estado do mar nas vindeiras horas a medida que suba a marea.  Aínda que o aviso de risco é para todo o litoral galego, o temporal notarase especialmente na provincia da Coruña, entre a Costa da Morte e Bares.

En puntos como a costa cantábrica, coma Viveiro, ou nas Rías Baixas, a forza do mar tamén se intensificará, aínda que algo menos. Deste xeito, a Dirección Xeral de Emerxencias aconsella manterse lonxe da costa e extremar as precaucións.

A intensidade do vento tamén se incrementará e poderá alcanzar forza cinco, mentres que as temperaturas mínimas experimentarán un ascenso notable e as máximas non terán cambios significativos. Para o luns o mal estado do mar continuará ata o mediodía.

O vento soprará de compoñente suroeste.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade