Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha pelexa en Valdoviño obrigou a suspender de novo a verbena coa que se celebraban as Festas da Ascensión

Unha pelexa en Valdoviño obrigou a suspender de novo a verbena coa que se celebraban as Festas da Ascensión

A Garda Civil detivo a un mozo e a verbena foi suspendida antes da hora prevista

G24.gal 30/05/2022 13:24

Segunda fin de semana consecutiva ademais con incidentes nas festas patronais do concello de Valdoviño. Desta volta foi na parroquia de Meirás, cando un altercado obrigou a suspender a verbena coa que se celebraban as Festas da Ascensión. 

A Garda Civil detivo un mozo que lanzou unha botella e provocou unha pelexa neste lugar. A orquestra que actuaba nese momento decidiu poñer punto e final á actuación pouco antes do previsto, para evitar males maiores.

O que máis chama a atención é que o acontecido  sucede exactamente unha semana despois da agresión múltiple na veciña parroquia de Vilaboa que sufriron varios mozos e que rematou con varios deles sendo atendidos por fracturas, mordeduras e contusións.

Actos violentos despois de dous anos sen poder realizar nalgúns lugares este tipo de festexos pola pandemia que os veciños destas parroquias de Valdoviño queren desterrar das súas celebracións populares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar