Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo corte de tráfico na avenida de Arteixo, na Coruña

Novo corte de tráfico na avenida de Arteixo, na Coruña

A medida, motivada por obras de canalización e asfalto, aplicarase ata este venres

G24.gal 19/09/2022 14:19

Novo batifondo circulatorio na Coruña que afecta varias rúas. Desde as dez da mañá deste luns, un treito da Avenida de Arteixo, entre a Rolda de Nelle e o pazo da Ópera, vai esar pechada ao tráfico en ambos os dous lados da circulación. 

Para evitar o caos, na zona instalaron os sinais pertinentes indicando os desvíos e alternativas para os condutores.

A culpa deste novo corte téñena as obras da instalación dunha tubaxe de gas e de asfalto en parte da travesía.

Se se cumpren as previsións, a avenida de Arteixo recuperará a súa normalidade o venres vindeiro contra as sete e media da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade