Cargando resultados...
Nova sorpresa no Mundial: Xapón remonta e derrota por 2-1 a Alemaña
Os dous equipos son rivais de España no grupo E

G24.gal
23/11/2022 16:02
Última actualización 23/11/2022 16:10
Dous xogadores saídos do banco, Ritsu Doan e Takuma Asano, asinaron o segundo gran bombazo do Mundial de Qatar ao protagonizar a remontada de Xapón contra Alemaña, á que superou por 1-2 no estadio Khalifa International.
Adiantouse o conxunto xermano aos 33 minutos grazas a un penalti transformado por Ilkay Gundogan e logo tivo ocasións suficientes para sentenciar. Non as aproveitou e Xapón, irredutible, remontou en con dúas dianas no tramo final (m.75 e m.83)
¡Es el Mundial de las sorpresas! 😵
— Gol Mundial (@Gol) November 23, 2022
🇯🇵 Japón le da la vuelta al marcador y le arrebata los tres puntos a Alemania
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #flybetter#GolMundial pic.twitter.com/Mka4lIP4z3