Publicador de contidos

Nova protesta na Coruña para pedir presenza policial no barrio dos Mallos

Nova protesta na Coruña para pedir presenza policial no barrio dos Mallos

Denuncian o clima de inseguridade que se vive na zona

G24.gal 07/11/2021 16:49

Nova protesta da veciñanza do barrio coruñés dos Mallos para denunciar o clima de inseguridade que, din, se vive na zona. Desta volta, trasladaron as súas protestas ata as mesmas portas do concello da Coruña onde organizaron unha cazolada.

Reclaman medidas inmediatas contra as actividades delituosas que, segundo denuncian, van a máis nos últimos meses. O acto, convocado pola plataforma Mallos Unidos, co apoio doutras asociacións veciñais, pon o ollo na ocupación das vivendas e no tráfico de drogas.

A través das redes sociais, centran as súas reivindicacións en pedirlle ao Concello coruñés a presenza activa dunha policía de proximidade e comunitaria no barrio, así como a mellora da iluminación e da limpeza nas rúas

A principios de outubro a veciñanza deste populoso barrio coruñés botouse á rúa para dar a coñecer os problemas de convivencia e inseguridade que estaban a sufrir dende hai meses e que, denuncian, tamén afectan outros distritos da urbe herculina.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade