Publicador de contidos
Publicador de contidos

Normalidade nos aeroportos de Alvedro e Peinador, afectados pola folga de controladores privados

Normalidade nos aeroportos de Alvedro e Peinador, afectados pola folga de controladores privados

En total están convocadas cinco xornadas de folga, todos os luns desde este 30 de xaneiro ata o 27 de febreiro

A folga podería afectar uns 175 voos nos 16 aeroportos con torre de control xestionadas por controladores privados

Dúas empresas privadas, Saerco e Ferronats, xestionan esas torres privadas e levan o 28,5 por cento do tráfico aéreo do estado

G24.gal 30/01/2023 12:17

Normalidade esta mañá nos aeroportos galegos afectados pola folga de controladores aéreos privados, o de Alvedro e o de Peinador.

A folga nas torres de control privatizadas en varios aeroportos convocada polos sindicatos CCOO e USCA arrinca este luns cuns servizos mínimos que oscilan entre o 18 % e o 84 %, segundo a resolución do Ministerio de Transportes, e que os propios controladores colgaban na súa conta de Twitter.

As torres de control privatizadas, en total 16 aeroportos, os da Coruña, Alacante-Elxe, Castelló, Cuatro Vientos, O Hierro, Forteventura, Eivisa, Xerez, Lanzarote, A Palma, Lleida, Murcia, Sabadell, Sevilla, Valencia e Vigo, afrontan este luns a primeira das cinco xornadas de folga convocadas. Estas xornadas de folga serán todos os luns desde este 30 de xaneiro ata o27 de febreiro.

Transportes fixou uns servizos mínimos en función do tipo de ruta, que alcanza o 100 % para voos de emerxencias, traslado de cidadáns ou estranxeiros custodiados por funcionarios policiais ou transporte de correo postal universal ou produtos perecedoiros.

Para os voos comerciais con rutas con orixe ou destino en territorios non peninsulares, os servizos mínimos oscilan entre o 52 % de Lleida e o 84 % da Coruña, en función da ocupación estimada.

Nas rutas con cidades estranxeiras ou españolas cuxo tempo de desprazamento por estrada sexa de polo menos cinco horas, os servizos mínimos sitúanse entre o 44 % da Palma e o 57 % de Alacante.

Nos traxectos que poidan substituírse por outros medios de transporte público en menos de cinco horas, os servizos mínimos atópanse entre o 18 % de Castelló e o 30 % de Vigo.

CCOO e USCA convocaron a folga din que ante o fracaso das negociacións coa patronal APCTA -conformada por dúas empresas, FerroNats e Saerco- sobre o cuarto convenio colectivo dos controladores de torres liberalizadas polo desacordo na subida salarial para os próximos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade