Non tomas azucre? Coidado cos produtos que usamos para substituílo
O edulcorante artificial eritritol está relacionado cun maior risco de infarto e ictus
Cada vez son máis os consumidores que substitúen o azucre na súa dieta. Pero hai estudos que advirten de posibles riscos dos edulcorantes artificiais. Os máis recomendables seguen sendo os naturais como o mel ou a estevia. Pero tamén hai que ter coidado se temos que contar calorías.
Un estudo feito nos Estados Unidos asocia o consumo do edulcorante artificial eritritol cun maior risco de infarto e ictus.
As alternativas máis recomendadas son os edulcorantes naturais, como o mel, a estevia, xarope de pradairo. Pero tamén hai que ter coidado.
O azucre está presente en case todos os alimentos que consumimos. Moitas veces a atención céntrase en mercar produtos que poñan 0 % graxa, pero iso non significa que estean libres de azucre.