Galicia, primeira comunidade autónoma en impedir a venda de bebidas enerxéticas e vapeadores a menores
Galicia, primeira comunidade autónoma en impedir a venda de bebidas enerxéticas e vapeadores a menores
O Consello da Xunta aprobou este luns o proxecto de lei de protección de saúde dos menores
O Consello de la Xunta aprobou este luns o proxecto de lei de protección da saúde dos menores e prevención de condutas aditivas, que agora remite ao Parlamento de Galicia para a súa aprobación definitiva, un texto que prohibe a venda de vapeadores e bebidas enerxéticas a menores.
Así o avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destacou que a previsión é que a norma poida ser aprobada pola Cámara para que entre en vigor antes de que finalice o ano.
Entre outras cuestións, esta norma equipara as bebidas enerxéticas co alcol e os vapeadores ao tabaco. Por tanto, ningún destes produtos poderán venderse aos menores de idade en Galicia, que se converterá na primeira comunidade en regular e prohibir a venda e consumo destes produtos entre os menores de idade.
Galicia será a primeira comunidade autónoma de España na que se prohiba a venda e consumo destes produtos. Tamén se reforzarán as capacidades dos poderes públicos para tomar medidas fronte ao botellón.
Prohibirase fumar nos accesos de centros administrativos, marquesiñas e piscinas públicas e a venda de alcohol en recintos e espectáculos onde haxa menores. A lei reforza ademais a loita contra o botellón, e será a Xunta a que asuma a competencia das sancións que agora teñen os concellos.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanza que apostarán por substituír as multas por programas de prevención ou en beneficio da comunidade. A norma incoporará medidas para evitar as adiccións sen substancias, como o xogo.