Cargando resultados...
Esgótanse os décimos da data de comezo da guerra en Ucraína
Esgótanse os décimos da data de comezo da guerra en Ucraína
Tamén se venderon todos os décimos do número do Arenteiro
G24.gal
30/11/2022 15:44
Última actualización 30/11/2022 15:59
Co mes de decembro ás portas acelérase a venda de lotería de Nadal, e xa hai números case imposibles de atopar.
É o que acontece co 28.222, a data de comezo da guerra de Ucraína. Na administración do Carballiño tíñano, pero recibiron un aluvión de chamadas e esgotouse.
É algo que se repite ano tras ano, números que coinciden con acontecementos históricos, datas importantes ás que nos amarramos para chamar a sorte.
O éxito do Arenteiro tamén se converteu en reclamo. Vendíase tamén aquí na administración número un do Carballiño. Arestora xa non queda nin un só décimo do número deste club.