Cargando resultados...
No Breogán pasan páxina e só pensan no Joventut
Os xogadores avalan a decisión do club de que Javi Muñoz sexa o adestrador
Sergi e Erik Quintela queren pensar só no partido deste domingo
G24.gal
14/01/2022 14:11
Sen Olmos, o Rio Breogán mídese este domingo ao Joventut. Javi Muñoz contesta así cando lle preguntan polo seu amigo Paco Olmos: "Joventut, Joventut, Joventut".
No Breogán xa pasaron páxina, só miran cara a adiante.
Os xogadores avalan a decisión do club de darlle as rendas do equipo a Javier Muñoz, segundo adestrador con Paco Olmos.
E é que por mor dos encontros adiados o calendario apértase. O Breogán xoga os tres próximos partidos nunha semana: domingo, mércores e domingo.