Cargando resultados...
Grueira preside a reunión do comité de dirección das Novas Xeracións do PPdeG
A presidenta de Novas Xeracións do PPdeG di que o seu proxecto "é o que mellor representa a xuventude galega"
Manuel Novoa é o secretario xeral da formación
G24.gal
02/12/2023 20:17
Última actualización 02/12/2023 20:58
O comité de dirección das Novas Xeracións do PPdeG reuniuse este sábado en Santiago. A súa presidenta, Nicole Grueira, dixo que traballará para "mellorar o día a día da mocidade galega".
Asegurou que o seu proxecto é o que mellor representa a xuventude galega e que todos teñen cabida nel.
Nesta nova dirección, Manuel Novoa é o secretario xeral e dúas mulleres, Paula Losada e Bea Quintía, son as coordinadoras xerais.