Publicador de contidos

Publicador de contidos

Neste Día Internacional das Persoas Maiores queren demostrar que facer anos non supón limitacións

Neste Día Internacional das Persoas Maiores queren demostrar que facer anos non supón limitacións

A actividade física, a vida social e as novas aprendizaxes son as claves para unha vellez saudable

G24.gal 01/10/2025 14:45

"Son Mercedes, teño 81 anos e en novembro fago 82. E aos 79 collín un mozo de 92 anos. Sigo con el e son moi feliz".

Mercedes di estar vivindo unha segunda xuventude. Ela demostra que cumprir anos non frea nin pon límites. E diso tamén dá conta Sagrario.

"Teño 94 anos. Pinteime sempre. Os beizos, agora, de maior. Antes, cando era nova, pintaba os ollos. E agora de vella tamén me gusta. Pero tamén os que nos ven, tamén lles agrada ver unha persoa amañada".

Porque a imaxe dunha vellez pasiva está cambiando.

 "Con ilusión, con ganas de seguir adiante, superándome en todo"; "Os anos suman experiencias".

Todas coinciden cos expertos en que a actividade física, a vida social e as novas aprendizaxes son as claves para unha vellez saudable.

"É preciso que teñan espazos onde poidan participar, onde se lles dea voz. E tamén onde poidan ensinar e aprender", explica Vanesa Castro Canosa, directora dunha residencia de maiores.

Neste Día Internacional das Persoas Maiores, Afundación celebrou unha acción colectiva contra o idadismo para concienciar de que os nosos maiores son unha fonte de sabedoría e enerxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade