Nenos e avós comparten as experiencias dos Reis
Medio século atrás, había menos agasallos pero máis comunidade
Hoxe, no parque, é día de compartir as experiencias da noite de Reis. "Moi ben, moi ben, demasiados regalos, deixáronnos de todo!". "E eu creo que oín os Reis, unhas voces e uns pasos que eran dos Reis", comentan dous irmáns.
Desde a distancia, os maiores observan, e tamén comentan. "Nunca me trouxeron nada". "Os Reis a min non me coñecían". "Non había cartos". "Ían cantar os Reis os nenos e esas cousas, pero regaliños non".
A explicación tena Breogán, que recibe a información directamente, do seu avó.
"Os Reis son tíos antigos e guiábanse polas estrelas. Non vendían xoguetes". "Ademais, custáballes traer os regalos desde tan lonxe. Había tantos nenos que querían agasallos...", explican Breogán e o seu avó.
O que si había antes era festa, e divertida. "Ían cantar, e ao que cantaba dábanlle algo, cousiñas...". "Chourizos, algún diñeiro...". "Máis alegre ca hoxe, de xuntarse a xente, outra cousa", sinalan tres avoas.
Os nervios, iso si, son atemporais. "Aquela noite xa estabamos moi nerviosos, coma este", di o avó de Breogán. "Moi nervioso, moi nerviosos, comín ben e deiteime ás nove", engade o rapaz.
Pasou a noite, pero quedan as historias para compartir.