Cargando resultados...
Navantia comeza en Ferrol un ano con traballo para seis novos barcos
Isto supón unha carteira récord duns 9.000 millóns de euros
Construirá catro fragatas F-110 e o buque de aprovisionamento en combate para a Armada española
G24.gal
04/01/2026 13:59
Última actualización 04/01/2026 14:13
Navantia comeza en Ferrol un ano cunha carteira récord e traballo para seis novos barcos.
Neste 2026, no estaleiro coincidirán en construción catro fragatas F-110, o buque de aprovisionamento en combate para a Armada española e comezará os bloques que fabricará para o programa de Soporte Sólido da Frota (FSS) integrado por tres navíos loxísticos para a Mariña do Reino Unido.
Isto supón unha carteira duns 9.000 millóns de euros, unha cifra que, segundo o grupo naval, é "insólita" desde a creación de Navantia en 2005.