Publicador de contidos

Publicador de contidos

Natalia González, única candidata a presidir o PSOE local de Ourense

Natalia González, única candidata a presidir o PSOE local de Ourense

O edil ourensán Xosé Rúas retira finalmente a súa candidatura 

Renuncia ante a "imposibilidade de chegar a un acordo de integración, nin sequera de mínimos"

Natalia González, única candidata a presidir o PSOE local de Ourense Natalia González, única candidata a presidir o PSOE local de Ourense
G24.gal 11/03/2022 16:43

O edil ourensán Xosé Rúas retira a súa candidatura á secretaría local do PSOE, e só concorrerá Natalia González.

Nun comunicado, explica que decidiu renunciar ao proceso ante a "imposibilidade de chegar a un acordo de integración, nin sequera de mínimos", coa candidatura encabezada por Natalia González.

Lembra tamén que se presentou exercendo o seu dereito a facelo, como calquera militante, sen esperar ao último momento e que, a pesar da "alteración no censo", seguiu coa súa intención de buscar o máximo acordo e consenso posibles.    

"Non atopei nin a máis mínima disposición a concorrer nunha candidatura conxunta, como demostra a proposta inaceptable que nos formularon, na que só aseguraban a presenza dun representante entre os 25 da lista finalmente conformada", denuncia Rúas.

Xosé Rúas retira finalmente a súa candidatura Xosé Rúas retira finalmente a súa candidatura

En calquera caso, o concelleiro agradece a disposición das persoas que integran a súa candidatura a "manter a súa disposición para dialogar, a pesar de que se cambiasen as regras do xogo, alterando, deste xeito, as condicións esperadas pola militancia", puntualizou.

"Nin os contactos realizados previamente con integrantes da candidatura da concelleira nin tampouco os intentos de negociación mantidos deron os resultados que buscaban, de concorrer a un proceso integrando ás distintas sensibilidades do partido", engadiu Xosé Rúas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade