Nacen dúas alpacas nunha granxa de Vilalba
Os seus donos trouxeron varias alpacas do Reino Unido hai dous anos e agora comezaron a criar
Hai tres semanas que naceu Alba, unha pequena alpaca marrón que ten namorada á veciñanza da granxa de Lanzós, en Vilalba, na que veu ao mundo.
E onte naceu outra alpaca preciosa que aínda non tn nome.
E é previsible que este sábado naza unha terceira alpaca nesta mesma granxa, un espazo que fundaron Tony e Lauren Docampo, un matrimonio británico que veu vivir a Galicia hai catro anos.
Dous anos despois de instalárense trouxeron nove alpacas do seu países e agora estes animais empezaron a criar.
A idea é que, nun futuro próximo, poidan poñer a funcionar unha granxa escola na que estes animais poidan pasear cos visitantes, onde poidan facer actividades coa lá que producen e, tamén, que poidan ser parte de terapias, dada amabilidade e mansedume deste rimentes.