Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nace en Vigo unha nova big band de músicos novos

Nace en Vigo unha nova big band de músicos novos

G24.gal 05/11/2021 22:13

O músico catalán Joan Chamorro e un conservatorio vigués están a promover a creación en Galicia dunha banda de jazz con músicos novos.

Celebrouse este venres a primeira audición na procura dos talentos novos que participarán na futura big band, que estará integrada por músicos de 8 a 21 anos con formacións diversas e chegados de todo o país. 

Os aspirantes á orquestra de jazz que está a formar en Vigo o músico catalán Joan Chamorro proceden de conservatorios, bandas de música e escolas de toda Galicia. Carlota, por exemplo, estuda piano clásico desde os cinco anos.

Juan tamén se iniciou nas teclas pero cambiounas polas cordas e agora constrúe os seus propios instrumentos. Chamorro compartiu palco con estrelas do jazz como Tete Montoliu, Bebo Valdés e Perico Sambeat e, desde 2006, aplica o seu propio método de ensino na orquestra xuvenil Sant Andreu Jazz Band.

Nesta primeira audición participaron uns 120 mozos e mozas e, como quedaron moitas solicitudes fóra, a organización xa avanzou que convocarán unha segunda data no mes de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade