Unha traballadora do aeroporto de Palma está na UCI por tomar un café cheo de insectos dunha expendedora

A muller notou de súpeto problemas respiratorios e inflamación nos ollos e beizos e sufriu un shock
Unha moza de 21 anos, traballadora do aeroporto de Palma, notou de súpeto problemas respiratorios e inflamación nos ollos e beizos e axiña descubriu que no vaso en que bebía un café procedente dunha máquina expendedora había gran cantidade de insectos. Sufriu un shock e tivo que ser trasladada á UCI.
A moza, que pensa demandar, recupérase xa en planta, e Aena precintou as máquinas. Unha rápida reacción, como a que tiveron os compañeiros da rapaza, pode ser vital.
A presenza destes escaravellos é moi común en zonas de almacenamento de todo tipo de produtos, sempre que haxa unha temperatura moi elevada. Non son tóxicos, pero poden producir problemas en persoas sensibles.