Publicador de contidos

Publicador de contidos

'A bola negra' é aclamada no Festival de Cine de San Sebastián

'A bola negra' é aclamada no Festival de Cine de San Sebastián

Os Javis, Penélope Cruz e o resto do equipo presentaron a película no festival

O filme lorquiano fíxose co premio do público no Festival de Toronto, iniciando así a súa carreira aos Óscar

 

Unanue/Europa Press Unanue/Europa Press
G24.gal 21/09/2026 08:02

O equipo de A bola negra, encabezado polos seus directores, Javier Calvo e Javier Ambrossi xunto a Penélope Cruz, Lola Dueñas e o resto do elenco, percorreu este domingo entre aclamacións a alfombra vermella do Festival de Cine de San Sebastián.

Alí era presentado este filme que representará a España na vindeira edición dos Oscar na categoría de mellor película internacional.

Esta fin de semana, a película acadou o premio do público no Festival de Toronto.

“É unha película profundamente privada, pero que tamén leva unha mensaxe sobre a importancia e a necesidade de expresar quen es”, sinalaron Calvo e Ambrossi nunha declaración enviada ao festival tras coñecerse o premio.

“Saber que o público conectou con ela e a fixo súa é o maior agasallo que podiamos recibir". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar