Na Limia pasaron da paisaxe branca ás leiras anegadas
Do risco por nevaradas pasaron ao aviso laranxa por precipitacións acumuladas en 12 horas que poden superar os 80 litros por metro cadrado
En Ourense cambiaron as paisaxes brancas polas leiras encharcadas: do risco por neve pasaron a un aviso laranxa por chuvia intensa que afecta practicamente toda a provincia.
O aviso laranxa por choiva vese ben na Limia, onde moitas parcelas xa parecen lagoas. O aviso laranxa por choiva vese ben na Limia, onde moitas parcelas xa parecen lagoas. Na Baixa Limia, en Entrimo, xa superan hoxe os 50 litros por metro cadrado, pero en toda a provincia de Ourense está a chover arreo.
E mañá pode volver a neve en Xinzo e nos puntos da provincia de Ourense por riba dos 600 metros de altitude, hai aviso amarelo por acumulacións de máis de dez centímetros na montaña.