Publicador de contidos

Publicador de contidos

20.000 veciños de Lalín, en máxima alerta pola acumulación de precipitacións

20.000 veciños de Lalín, en máxima alerta pola acumulación de precipitacións

O río Deza xa rebordou esta mañá na zona de Vilatuxe e hai varias estradas cortadas

O Concello reforzou os servizos de Policía local e de Protección Civil, que xa teñen xeradores preparados por se faltase a luz

G24.gal 26/01/2026 14:39

Os responsables de Protección Civil de Lalín xa coñecen ben as zonas do concello máis sensibles ás enchentes, coma o Pozo do Boi, a praia fluvial onde o Deza xa rebordou a media mañá, moi preto de Vilatuxe. Así que quedaron xa pechados os accesos por estrada, ante a previsión de que a auga, acumulada río arriba poida chegar de repente, a circulación por estas estradas locais queda prohibida.

O caudal dos ríos xa medrara moito só unhas horas despois da alerta, e prevese que aquí siga chovendo ata as tres da maña.

"O Es-alert realmente pois foi unha medida moi acertada porque nos pon en aviso do que realmente pode chegar a pasar. Estamos vendo que efectivamente o día preséntase complicado e o que fixemos desde o primeiro momento é poñer todos os servizos en alerta", explicou Pablo Areán, o Concelleiro de Emerxencias e Protección Civil de Lalín 


Revisáronse os sumidoiros e hai preparadas bombas de achicar e xeradores e pídeselle á poboación que evite desprazamentos innecesarios. No caso das zonas inundables, avisouse tamén os veciños de que se refuxien na parte máis alta das vivendas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar