Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baleiran baixos e cortellos en Cuntis polos anegamentos

Baleiran baixos e cortellos en Cuntis polos anegamentos

O Regueiro de Calvos, un pequeno afluente do río Gafos, desbordouse pola chuvia

Os servizos municipais de emerxencias axudaron os veciños a poñer obxectos e animais a salvo

G24.gal 26/01/2026 14:14

As previsións estanse a cumprir no interior da provincia de Pontevedra e a chuvia intensa e sen tregua está a provocar inundacións. En Cuntis desbordouse o Regueiro de Calvos, un pequeno afluente do río Gafos. Nalgunhas casas houbo que poñer obxectos a salvo e desaloxar cortellos.

"Axudamos esta familia a poñer a salvo os animais e algúns obxectos, aquí a auga subiu un metro en  cousa de media hora", dixo un membro do Servizo Municipal de Emerxencias.

"Baleiramos o baixo porque xa estamos a afeitos, non é a primeira inundación que vemos aquí", conta un dos afectados.

Os veciños cren que a cantidade de auga caída en pouco tempo e o estado de conservación do regato provocaron o que definen como un susto. Cuntis é un dos 16 concellos do interior da provincia que recibiron o aviso por situación de alerta vermella ante a previsión de precipitacións fortes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade