Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na Coruña están preocupados pola crecente inseguridade e aumento de criminalidade

Na Coruña están preocupados pola crecente inseguridade e aumento de criminalidade

Cren que o problema podería estar vencellado ao tráfico de drogas

Piden máis vixilancia policial

G24.gal 08/06/2022 14:33

Ambiente conflitivo que lles xera medo e inseguridade. Así describen os veciños o que hai nunha rúa próxima á fonte de Catro Camiños e que arestora se atopa inmersa nas obras de urbanización.

Os comerciantes contan que cando chegan polas mañás a abrir os seus negocios atopan de todo, concretamente nun portal que hai entre dous locais.

Denuncian tamén ser vítimas de roubos ao descoido e dalgún ca outro atraco.

Unha situación que os leva, e tamén aos veciños, a vivir con medo.

Todos coinciden tamén en que falta policía. Entenden que é o único xeito de frear todos os episodios de criminalidade que din sufrir case acotío.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade