Publicador de contidos
Publicador de contidos

Musa recibe o MVP da tempada no medio da festa do Breogán

Musa recibe o MVP da tempada no medio da festa do Breogán

G24.gal 15/05/2022 17:03

Festa rachada nas rúas en Lugo para despedir unha temporada brillante do Breogán. A cidade implicouse co equipo onte no último partido da tempada no Pazo e hoxe fixo o propio pola cidade.

A praza de Santa María foi o epicentro da celebración, os seareiros recibiron os seus xogadores con moita emoción. Os Quintela foron dos xogadores máis aclamados. Non faltou Maximus, tampouco, pero sen dúbida o gran protagonista, como durante todo o ano, foi Džanan Musa.

O esloveno foi recibido cunha ovación tremenda, cos berros de MVP... e non puido conter as bágoas cando, por sorpresa, o seu irmán Dzennis Musa lle entregou o trofeo que o acredita como o mellor xogador da Liga 21–22.

O momento emotivo pechábano cun abrazo que enmarca o sentimento de toda unha afección, que, como di o director xeral do Breogán, xa soña con metas máis altas. Iso si, despois da heroica deste ano, está claro que están no punto de mira de orzamentos máis poderosos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos