Publicador de contidos

Publicador de contidos

Musa erra a tripla para forzar a prórroga e o Breo perde (84-81)

Musa erra a tripla para forzar a prórroga e o Breo perde (84-81)

G24.gal 05/02/2022 19:43

No baloncesto, o Breogán volveu perder fóra da casa, onde non acada o seu mellor nivel. Caeu na pista do pechacancelas, o Betis, nun partido con alternativas que deixou fuxir nos minutos finais. Musa tivo nas mans enviar o partido á prórroga, pero errou a tripla decisiva.

Malia a ausencia de Mahalbasic, o Breogán comezou ben na cancha do cabeiro. Os interiores do Betis anotaban desde o perímetro, pero os de Mrsic controlaban o xogo e mesmo chegaron a ter rendas favorables de ata dez puntos, con Kalinoski letal. Acabou con 20 puntos con porcentaxes superiores ao 60 por cento.

Lukovic, con 15 puntos, tamén buscou o seu lugar no partido, o mesmo que fixo Brown no equipo local. Bertans sumouse a festa sevillana no terceiro cuarto, pero Kalinoski era quen de apagar calquera lume coas súas triplas.

Jankovic, titular polas ausencais, cumpriu con 10 puntos en 26 minutos. A unha posesión do final, 8 a 1 de parcial para o Betis. O estadounidese Evans, 18 puntos, anotou a metade nos intres máis quentes.

Quedou o Breogán a golpe de tripla para forzar a prórroga: logo dunha xogada moi ciscada, lanzou Musa, pero errou. 84 a 81, as baixas e os detalles deixaron aos de Velko Mrsic sen premio en Sevilla.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade