Musa despídese do Breogán co enésimo recital de baloncesto
Logo da inactividade, regresou pola porta grande, anotando 24 puntos
O Breogán despide unha temporada memorable cun triunfo sobre o Unicaja
A temporada rematou xa para o Rio Breogán e fíxoo con éxito. Con berros de MVP, MVP. Así despediu a afección que ateigou o Pazo dos Deportes a Dzanan Musa. A estrela breoganista regresou da súa lesión xusto a tempo para dicir adeus sobre a pista.
Fíxoo ademais cun excelente partido. Sumou 24 puntos e 34 de valoración, con só dous erros no lanzamento. Os seus compañeiros non o deixaron só. Os Kalinoski, Mahalbasic ou Cruz lanzaron a un Breogán que chegou a gañar por 30 antes do descanso. Na segunda parte contivo a reacción do Unicaja para facerse cun merecido triunfo e poñerlle o ramo a unha temporada inesquecible.