Publicador de contidos

Publicador de contidos

Munitis e a súa plena identificación co lema "Aquí hai que sachar"

Munitis e a súa plena identificación co lema "Aquí hai que sachar"

O cántabro atendeu a Televisión de Galicia na véspera do partido que xogará contra a S. D. Logroñés (domingo, 18:00 horas)

G24.gal 15/10/2023 11:10

A identificación de Pedro Munitis co Lugo é total. Sobre todo, desde que leu o lema que acompaña o acceso aos vestiarios e a saída o campo. Aquel día soubo que ese equipo estaba feito para el.

"Síntome moi identificado coa frase de "Aquí hai que sachar", cos valores que hai que ter na vida".

O cántabro chegaba ao Anxo Carro coa misión de construír un cadro partindo de cero. En apenas pouco máis dun mes, o corpo técnico fichou dezanove xogadores, algúns deles a poucas horas do inicio da Liga.

"Era a primeira vez que tiñamos que facer un equipo novo. Se nos toca vivilo outra vez, igual o pensamos dúas veces".

Unha vitoria e só dous goles marcados nas seis primeiras xornadas crearon dúbidas no proxecto, pero o triunfo do pasado domingo en Tajonar supuxo un impulso revitalizador. Con Munitis, o Lugo mira o futuro con optimismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade