Multitudinaria romaría das Pascuíñas na Franqueira
Milleiros de fieis acoden á Franqueira este día de Pentecoste
Cada ano máis xente, máis imaxes e máis postos nesta festa declarada de interese turístico galego. Case imposible cuantificar os milleiros de persoas que acoden cada luns de Pentecosté a este santuario enchen a chaira, a carpa onde se acollen os santos e as virxes e na contorna do santuario.
O párroco vencella o éxito da romaxe ao vínculo co campo e a tradición mariana.
Este ano tamén unha petición especial de paz. Ata de Ourense veñen os romeiros por tradición, por relixión por facer deporte ou por un sentimento que non saben moi ben como explicar.
Este ano a imaxe homenaxeada é a Virxe das Dores da parroquia covelense de Barcia de Mera. A festa culminará cun gran xantar no máis de mediocento de postos en varias localizacións da festa. Pola tarde os máis de 70 virxes e santos volverán ás súas aldeas de orixe, case todas desta bisbarra do condado da Paradanta. Para daquela xa comeza a conta atrás para a outra romaría do ano en setembro que celebra a Natividade da Virxe.