Cargando resultados...
Multan unha granxa asturiana polos bruídos dunha vaca
Alcanzaron os 74 decibeles, cando a lei de ruído establece un máximo de 55
Os donos recorreron a multa de 300 euros
G24.gal
17/10/2022 08:31
Os donos dunha granxa asturiana de Siero acaban de recibir unha multa de 300 euros polos bruídos dunha vaca.
Denunciounos un veciño porque ao parecer o animal bruaba moi alto. Segundo recolle a acta, efectivamente os seus bruídos superan o límite de decibeles permitidos. Alcanzaron os 74 decibeles, cando a lei de ruído establece un máximo de 55.
Os gandeiros recorreron xa a multa e o Concello fará unha nova medición.