Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multan o Deportivo por cánticos contra o xogador ucraíno Zozulya

Multan o Deportivo por cánticos contra o xogador ucraíno Zozulya

A acta do partido recolleu que durante o partido algúns afeccionados proferiron "insultos racistas" cara a Zozulya desde un dos fondos do estadio

Foto @RCDeportivo
G24.gal 26/01/2023 17:05 Última actualización 26/01/2023 17:11

O xuíz disciplinario único de Primeira Federación sancionou o Deportivo cunha multa polos cánticos dunha parte dos seus afeccionados ao xogador ucraíno Roman Zozulya no partido o pasado sábado no estadio de Riazor entre o conxunto coruñés e o Raio Majadahonda, en que milita o dianteiro.

A sanción aplicada ao club galego axústase ao artigo 94 do código disciplinario da Real Federación Española de Fútbol, que establece que "os actos notorios e públicos que atenten á dignidade ou decoro deportivos serán sancionados como infracción grave".

Neses casos "impoñerase a sanción, segundo determine o órgano disciplinario competente en base ás regras que se conteñen no presente Ordenamento, de multa en contía de 602 a 3.006 euros", indica o citado artigo.

A acta do partido recolleu que durante o partido algúns afeccionados proferiron "insultos racistas" cara a Zozulya desde un dos fondos do estadio. "No minuto 60 detivemos o partido xa que desde un sector da bancada no cal se atopaban espectadores que portaban símbolos do R. C. Deportivo da Coruña, cantábase 'Zozulya es un nazi' de forma repetida", segundo o relato do árbitro. Nese momento "o partido estivo detido durante un minuto e medio aproximadamente, no que se activou o protocolo ante eventos racistas", engadiu o árbitro. O colexiado apuntou que no resto do partido non se volveron a repetir eses cánticos discriminatorios contra o futbolista do Raio Majadahonda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade