Cargando resultados...
Multa de 1.500 euros para o Celta pola invasión do campo en Balaídos
A policía identificou cen persoas que saltaron ao campo e que recibirán unha sanción independente dos organismos deportivos
G24.gal
31/03/2022 13:58
O comité de competición decidiu sobre a invasión en Balaídos ao rematar o Celta B-Deportivo.
Todo vai quedar nunha multa para o Celta de 1500 euros. O colexiado reflectiu na acta o que sucedeu e Competición sitúa o incidente nos deberes propios da organización de partidos.
Por outra parte, a policía identificou a cen persoas que saltaron ao campo e que recibirá unha sanción independente dos organismos deportivos.