Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria do Celta Fortuna para volver á loita polo liderado (0-2)

Vitoria do Celta Fortuna para volver á loita polo liderado (0-2)

Erik, en propia porta, e Pablo Durán fixeron os goles

G24.gal 02/03/2024 20:51 Última actualización 02/03/2024 22:12

Busca repetir a vitoria da semana pasada o filial celeste. Na primeira metade o partido foi igualado, sen moitas ocasións. Pediu penalti dúas veces o conxunto visitante. Primeiro no minuto 17. Carlos Giménez derribou a Alfon, cando este se estaba plantando diante de Cacha. Tan só un minuto despois, Camús derrubou a Hugo Álvarez. En ningún caso o árbitro sinalou a pena máxima. Ademais, xa tiveron que realizar o primeiro troco os visitantes tras a lesión de Dani González despois de ser empurrado contra a barreira publicitaria. Non houbo moitas ocasións. O filial dominaba con pelota pero non profundaba no xogo. Probaron sorte desde lonxe. Alfon, no 27', que resolveu Cacha. E despois Raúl Blanco, no 44', tamén deixando traballo ao porteiro local. A única de Unionistas foi antes desta última. No 31', caeulle o balón a Losada pero o disparo marchou fóra.

Comezo inmellorable na segunda parte para os vigueses. Probou sorte Hugo Álvarez cun disparo ao pau longo que enviou Cacha a córner. Nese mesmo saque de esquina, Raúl Blanco botou o balón e Erik meteuno na propia portería poñendo en vantaxe ó filial. Quixo máis o equipo de Giráldez. Pablo Durán tentouno cun remate de exterior, pero foi fóra. Tentou Unionistas acercarse á portería celeste. Rastrojo quixo chegar a un balón filtrado pero unha boa saída de Ruly impediu que o fixese. O paso dos minutos e gol visitante empurrou a Unionistas a mirar cara á área rival, adiantando liñas e creando perigo. Pero o Celta Fortuna impúxose. Iniciou a xogada desde atrás, toparon os de dentro e conectaron con Fer López. O 15 topou o 9, que a puxo na escuadra para facer o 0-2 no 79'. Soubo sufrir o filial o resto do encontro. Alfred mandouna raspando a escuadra. Nos minutos finais, Claudio Giráldez aproveitou para facer debutar a Miguel Conde, inda en idade xuvenil. Incluso puido aumentar o marcador, pero Cacha impediuno cunha man a Javi Rueda e que logo se estamparía co traveseiro

Con este resultado, o Celta Fortuna volve a meterse de cheo na loita polo liderado. Ponse 4º con 46 puntos, a 3 do Nástic que é líder a expensas do que faga o Dépor mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos