Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna ensina en Lezama o que significa afouteza (1-2)

O Celta Fortuna ensina en Lezama o que significa afouteza (1-2)

A expulsion aos 20 minutos de Ndiaye complicou o partido

Os celestes piden man na xogada do primeiro gol do Athlétic

Cos trocos do descanso, o filial deulle volta

Momento no que Fredi pide man no gol do Athlétic
G24.gal 14/12/2025 13:50

Partido vibrante, eléctrico, de poder a poder en Lezama con dúas partes ben diferenciadas. A primeira de vinte minutos, de superioridade e ocasións do Celta. E a segunda, a que veu trala expulsión de Ndiaye, na que o Athlétic foi mellor para o que restaba de encontro.

Pero comezaremos con eses primeiros 20 minutos, nos que Celta tivo o balón, pechou ao filial do Athlétic na súa parcela e tivo un par de boas ocasións de Hugo González. Pero logo sucedeu o lance determinante. Un balón dividido na medular ao que entrou forte Ndiaye e levou por diante o balón, pero tamén ao xogador do Athlétic. A canilleira saiu voando. O árbitro entendeu a acción como violenta, de forza excesiva, e mandou a Ndiaye á caseta. Con el marcharon as opcións do Celta.

A partires dese momento, o encontro sentiuse desequilibrado. E as transicións cómodas dos vascos comezaron a preocupar. Antes do intermedio, Ebro (minuto 26) xa os poñía por diante, nunha acción na que os galegos perdiron man na xogada.   

Para o segundo tempo, Fredi meteu no campo a Dela e a Somuah e, ainda cun menos, o Celta Fortuna tomou o mando e foi arriba. E así chegou primeiro o empate nunha acción de Hugo González que De Luís impulsou na súa propia porta (minuto 53). E pouco despois, o segundo nun zapatazo despiadado de Antañón. O que quedou logo foi tirar un exercicio de fútbol control. De non arriscar e deixar que fosen pasando os minutos.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos