Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mulleres de Lugo padexan como terapia contra o cancro de mama

Mulleres de Lugo padexan como terapia contra o cancro de mama

O río Miño sérvelles para curar física e psicoloxicamente

En só seis meses xa están competindo por toda España

Andrés Pavón/José Lamas 13/09/2024 20:55 Última actualización 13/09/2024 21:12

Padexar cara ao futuro é o lema non oficial das mulleres de Lugo e doutras zonas de España e do mundo que forman o equipo Dragoas. No piragüismo atopan a mellor terapia contra o cancro de mama que padecen ou padeceron. O río Miño é o mellor lugar para combater a doenza. En só seis meses xa formaron un equipo co que están a competir por toda Galicia e España. Estas son algunhas das súas opinións:

"Conseguimos recuperarnos das secuelas, mellorar a forma física e obter un mellor estado anímico por estar tamén ao aire libre", di Belén Gómez.

"Non é unha cuestión de forza senón de técnica. Estes movementos son os mellores para a nosa doenza", explica Merce Fernández.

"Estou moito mellor fisicamente e no eido psicolóxico tamén atopei un forte apoio con estas mulleres", indica Kayleigh Vantassel.

"Isto é unha terapia pero tamén nos gusta competir. Nunca pensabamos gañar e cada vez estamos máis preto", remata Merce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar